Wednesday 01 de May de 2024

O Concello anima a todos os composteláns a fomar parte da Cabalgata de Reis


O Concello de Santiago continúa traballando na organización da Cabalgata de Reis 2015 e nesta ocasión, como novidade, e ante a demanda que todos os anos se xera, poderás formar parte da comitiva dos Reis Magos ou das diversas carrozas.

A participación dos composteláns na Cabalgata de Reis 2015 pode ser polo tanto do máis variada: acompañando aos Reis nas súas carrozas ou noutras que os seguen; acompañando á comitiva nos trens ou formando parte dos grupos de animación que estarán repartidos polo percorrido.

En calquera caso, a inscrición deberase de realizar no Teatro Principal, por teléfono, correo electrónico ou de xeito presencial no propio teatro (Rúa Nova, nº 21), nas oficinas do terceiro piso, polas mañás de luns a venres; por teléfono no número 981 542 347 ou por correo electrónico en tprincipal@santiagodecompostela.org